Información

Servicios

Actividades

Viajes

Formación

Parroquia a Milagrosa

Diócese de Lugo

diocese_lugo

visitante nº 356

f

Bautismos

[ Descargar a solicitude de bautismo ]

Catequese bautismal

Temos un encontro coas familias o sábado anterior ás 18:30h.

Ano 2017
Mes Días
Xaneiro 6 – 8 – 22
Febreiro 5 – 19
Abril 16 – 30
Maio 14
Xuño 11
Xullo2 – 16 – 30
Agosto13 – 27
Setembro10 – 24
Outubro8 – 22
Novembro5 – 19
Decembro25
Decembro: 25 Xaneiro 2017: 6 – 8 – 22 Febreiro: 5 – 19 Abril: 16 – 30 Maio: 14 Xuño: 11

(Durante o tempo de advento non se celebran bautizos)

Preparación bautismal

Temos un encontro coas familias o sábado

Compromisos e condicións bautismais

  • Os pais comprométense a ensinar e transmiti-la fe cristiá ao seu fillo/a.
  • Os pais recoñecen a Deus como Pai, a Xesucristo como Salvador, ao Espírito Santo como santificador.
  • Os pais aceptan á Igrexa na que desexan incorporar ao seu fillo/a como comunidade de fe e comunidade de seguidores de Xesucristo.
  • A Igrexa non se opón a bautizar aos fillos de pais que non practican ou están alonxados da fe, sempre que acepten o que a Igrexa di sobre o Bautismo e se comprometan a que o seu fillo reciba a fe a través dos seus padriños, avós, comunidade parroquial, etc.
  • Os padriños son escollidos polos pais como aqueles que axudan na educación e transmisión da fe. Para ser padriño ou madriña é condición indispensable ser católico e estar confirmado (canon 874 do Código de Dereito Canónico)

Avisos para os pais

  • Traer para ese día unha vela, un pano branco e unha toalla pequena.
  • Aportación económica (cada familia aportará na medida das suas posibilidades a cantidade que estimen oportuna para conservación do templo,axuda a Cáritas, etc).

Os católicos practicantes teñen dereito a pedir á parroquia os servizos necesarios para vivir a súa fe, pero teñen a obriga de soster as necesidades da igrexa.

¿Por qué é necesario unha aportación económica?

A igrexa sostense da aportación de todolos fieis, ben a través da declaración da renta, ben das colectas dos domingos, de donativos e tamén das aportacións que se fan con motivo das celebracións especiais: funerais, aniversarios, vodas, bautizos... Cando se pide unha celebración especial é necesario facer unha aportación económica (salvo que a familia non teña ningún recurso) Manter aberta a parroquia todolos días do ano supón moito esforzo tanto persoal coma económico.

No plano humano contamos co traballo de dous sacerdotes e varios voluntarios nos distintos servizos: cáritas, catequese, liturxia...

No plano económico, é responsabilidade de todolos católicos que viven e celebran a su fe na parroquia. Cóntase cun grupo de dez persoas que levan a economía, que axudando e aconsellando ó parroco nas decisións económicas.

Para o bautismo de nenos non se pide unha cantidade de diñeiro concreto. Pídese que cada familia aporte con responsabilidade segundo as súas posibilidades posto que todas elas poden facelo. Tamén pedimos que se faga unha “propina” para o monaguillo ou o sacristán.