Información

Servicios

Actividades

Viajes

Formación

Parroquia a Milagrosa

Diócese de Lugo

diocese_lugo

visitante nº 363

EQUIPO PARROQUIAL

EQUIPO SACERDOTAL

Tres son os sacerdotes que están ao servizo da comunidade. Os seus nomes: D. Xosé Antón Ferreiro Varela e D. Xosé Manuel Penela Campos.


 

CONSELLO PASTORAL

É un equipo de fregueses elixido en representación da comunidade parroquial para colaborar co equipo sacerdotal no ministerio pastoral, manifestando así o traballo e a corresponsabilidade de todos na vida parroquial. Entre as súas funcións están:
                                   + Recoñece-la realidade a evanxelizar.
                                   + Desenvolve-la comunidade parroquial.
                                    + Programa-la acción pastoral en cada eido.
                                   + Coordinar tódalas tarefas.
                                   + Servir de canle  para a reflexión.
                                   + Ser promotor de unidade.
                                   + Revisa-lo programado e realizado.


 

CONSELLO ECONMICO

O equipo parroquial que estuda e aproba proxectos, distribúe fondos e da resposta ás necesidades da parroquia, colaborando tamén con outras necesidades da igrexa universal e local.
Presta a súa axuda o consello pastoral parroquial na administración dos bens da parroquia. Presenta anualmente as contas á comunidade e ao bispado.