Información

Servicios

Actividades

Viajes

Formación

Parroquia a Milagrosa

Diócese de Lugo

diocese_lugo

visitante nº 327

Outros Servicios

CÁRITAS PARROQUIAL
Unha das tarefas sociais da comunidade parroquial é o servizo ós máis pobres e desfavorecidos. Un grupo que está atento a todas as necesidades máis básicas das persoas.
O despacho está aberto os xoves pola tarde para escoitar, orientar e axudar a todos os que o necesiten.
Un bo número de voluntarios atenden esta sección,  Balbina, Xosé Antón Barrio, Morocha, Maruja, Lina, Luisa, Manola, Teresa...


 

CORO MISA 11´30 / 12´30
Un coro aberto a tódolos nenos e nenas, onde se vive e canta a eucaristía. Os animadores deste grupiño son Dani, Marcos e Cristina. Despois na misa de doce e media un grupo de persoas anima o canto Marina, Marisa, Lina, Maruja, Alicia, Puri, Micaela, Trini,... ¡anímate e canta connosco!
Necesitamos persoas que animen o canto na misa das seis e media.


 

EQUIPO DE LIMPEZA E ORNAMENTACIÓN
Voluntarios que dedican parte do seu tempo a acondicionar o templo. A este grupo pódense incorporar todas aquelas persoas que teñan bo ánimo e gañas de colaborar nestas tarefas. Interesados falar coa irmá Trini.


 

FOLLA PARROQUIAL
É un medio de comunicación intraparroquial. Sae aqueles Domingos que coinciden con acontecementos importantes para a comunidade ou tempos litúrxicos fortes (Advento, Coresma, Semana Santa, Pascua). Os responsables son Manolo Veiga e Ángeles Pereira. Estamos abertos a suxestións.


 

MOVEMENTOS ECLESIAIS
Na parroquia hai grupos de formación e oración como Vida Ascendente, Acción Católica, Camiño Neocatecumenal, os G.O.A. grupos de Oración e Amizade.
Tamén a parroquia presta os seus locais a outros grupos, entre eles, “Grupo Muralla”  alcohólicos anónimos, que se reúnen os martes, xoves e sábados.


 

SALESIANOS
A Comunidade Salesiana forma parte da nosa parroquia dende o ano 1987, cando se fixeron cargo do Colexio Divina Pastora que dirixían as MM. Franciscanas Misioneiras da Nai do Divino Pastor. Atenden o Colexio, un Centro Xuvenil, grupos do Itinerario de Fe, a Agrupación Deportiva Salesiana, grupos de Familia Salesiana, o Programa Espabila e as parroquias de Sirvián e Vilameá (Guntín).
“Ademais colaboramos coa Parroquia naqueles servizos que podamos prestar, mantendo unha cordial relación, sentíndonos Igrexa e traballadores da mesma viña do Señor”.  Lupi, Director do Colexio Salesianos.


 

SAGRADA FAMILIA DE  BURDEOS
A Sagrada Familia de Burdeos está presente no barrio da Milagrosa. Na casa viven actualmente cinco relixiosas. Membros da Familia de Pedro Bienvenido Noailles o seu fundador.
O seu carisma é estender e fortalecer a fe en tódolos ambientes, animadas polo Espírito de Xesús, María e Xosé, que non amaban nin buscaban máis que a Xesús. Só Deus. Facede do mundo unha soa familia.
Colaboran na parroquia a todos os niveis: atención ao templo, visitas aos enfermos, etc. Tamén colaboran no apostolado xitano, roupeiro de Cáritas, no voluntariado penitenciario e, cunha casa de acolleita de recluídos durante o fin de semana.