«Aprender a facer uso da experiencia e a expresión artística para vivir e transmitir a fe»
A Delegación Episcopal de Liturxia, Relixiosidade Popular e Patrimonio Histórico Artístico, a Delegación Episcopal para a Eduación na Fe xunto coa Fundación SM organiza unhas xornadas gratuitas co título “A Experiencia de Deus a través da Arte” destinadas a profesores de relixión católica, profesorado interesado na mateteria, catequistas, axentes de pastoral da Diocese e a tódalas persoas interesadas.
As ponencias terán lugar no Seminario Diocesano a tarde do venres 1 de abril e a maña do sábado 2 de abril, e concluirán cunha visita guiada a S.I. Catedral Basílica de Sta. María de Lugo.
Tódalas persoas interesadas poden inscribirse ata o 30 de marzo a través da páxina web da Diocese de Lugo
Animádevos a participar!