Catequese

CATEQUESE DE PRIMEIRA COMUÑÓN

Queridas familias:

Seguimos no tempo de Pascua. Celebramos o triunfo de Cristo sobre o mal e a morte. Da Pascua de Cristo nacen os sacramentos e toda a vida cristiá. Nesta situación que nos toca vivir necesitamos a forza da Resurreción do Señor. Que a vida que nace da Pascua sexa, para todos vós e toda a vosa familia, garantía de esperanza!.

A catequese este curso concluíu dunha maneira abrupta pola necesidade de confinamento. Nestas circunstancias demostrouse claramente a misión das nais e pais como os verdadeiros transmisores da fe, e a familia coma unha verdadeira igrexa doméstica.

Neste tempo, ata que comencemos o novo curso escolar, continúade falandolle de Deus ás vosas fillas e fillos, rezando algunha oración con eles tódolos días.

Neste senso quixera recordarvos que nas últimas páxinas do catecismo (páx. 150-157) encontraredes as oracións elementais: a sinal da cruz, o Noso Pai, Avemaría, Gloria, Credo e algunha oración mais. Igualmente na páxina web das Delegacións de Catequese de Galicia catequesisdegalicia.es están dispoñibles actividades, materiais e recursos para seguir co traballo de catequese na casa.

É desexable que as nenas e nenos sepan de memoria algunhas oracións, e por iso propoñovos que tódolos días fagades a sinal da cruz con eles e recedes o Noso Pai, Avemaría, Gloria e algunha oración mais; a Salve algún día, o Credo os domingos, a bendición da mesa antes de comer, etc. Estes son algúns exemplos que contribuirán a que as nenas e nenos se familiaricen coa práctica da fe.

A partir do 11 de maio na igrexa parroquial xa podemos celebrar a Eucaristía. A medida que a situación se vaia normalizando sería un motivo de alegría encontrarnos na celebración da Eucaristía con toda a comunidade.

De cara ó vindeiro curso, o 20 de agosto (confiando en que a situación sanitaria así o permita) estará dispoñible toda a información sobre o seguinte curso catequético así como as fichas de inscrición. Quero recordar que é necesario inscribirse de novo para comezar o curso 2020-2021.

O próximo curso, e dado que este ano a catequese foi interrumpida en marzo; comenzaremos un pouco antes do que viñamos facendo nos últimos anos. (Sempre que as circunstancias así o permitan)

Continúamos a vosa disposición para resolver as dúbidas que poidan surxir durante este tempo de adecuación a nova normalidade. Podedes atoparnos no despacho parroquial (luns, martes, mércores e venres de 18:00 a 19:30) ou nas canles de comunicación habituais desta parroquia (tlfn, email e redes sociais).


Por último, quero aproveitar esta comunicación para agradecer o interese, a preocupación e o apoio que moitos de vós manifestastes pola parroquia neste tempo tan duro para todos. De todo corazón: Moitas Grazas!. Grazas ó voso apoio, non só puidemos manter a parroquia en funcionamento, senon que fumos capaces de ofrecer axuda a moitas persoas que durante esta situación extraordinaria acudiron -e acuden- a parroquia con alguna necesidade. A axuda que ofrecemos non é outra mais que a vosa xenerosidade.

De novo:
Moitas Grazas!. Que Deus vos bendiga.

José Antonio Ferreiro Párroco de A Milagrosa

 

PRIMEIRA COMUÑÓN, UN PASO DENTRO DUN PROCESO

Catequese Parroquial de Primeira Comuñón

A Eucaristía é o centro da vida cristiá, é o sacramento central e a plenitude da iniciación cristiá. O Bautismo, xunto coa Eucaristía e a Confirmación son os sacramentos da iniciación cristiá.

A catequese ten como finalidade a transmisión da fe e iniciar ós nenos/as no camiño cristiá. É unha axuda para vivir coma cristiás na comunidade eclesial.

A Parroquia ofrece a súa colaboración ós pais e nais católicos practicantes que desexan que os seus nenos e nenas cheguen a vivir coma cristiás.

A familia é a primeira responsable da transmisión da fe cristiá. A fe comunícase e vívese, en primeiro lugar, na familia. A Vida Parroquial é unha axuda necesaria a labor familiar.

CATEQUESE DE COMUÑÓN 2020-2021

A actual situación xerada pola pandemia da Covid-19 limita a nosa capacidade para a celebración das reunións e xuntanzas na comunidade parroquial.

Namentres a situación non se normalice cremos convinte suspender as reunións semanais cos nenos e nenas de catequese da maneira que se viña facendo.

Ata entón, a catequese de Primeira Comuñón na parroquia este curso consistirá na participación na Eucaristía Dominical mais unha reunión mensual coas nais e pais para axudar na tarefa da transmisión da fe e fortalecer a igrexa doméstica, transmitindo os contidos da fe de acordo coa estructura do Catecismo “Jesús es el Señor”.

É NECESARIA INSCRICIÓN:

Prazo aberto ata o 13 de outubro

(Descarga archivo coas condicións, calendario e ficha de inscrición)

DESCARGA CATEQUESIS COMUNIÓN 2020-2021 (CASTELLANO)

DESCARGA CATEQUESE COMUÑÓN 2020-2021 (GALEGO)

COMEZO DA CATEQUESE

18 de Outubro

Teléfono: 982 21 42 65

  • Horario:
    De luns a venres:

Mañás: 10:00
Tardes: 19:30

  • Sábados:

Tardes: 19:30

  • Domingos e festivos:

Mañás: 10:00/11:30/12:30
Tardes: 18:30