Confirmación

“Vós tamén, despois de escoitardes a mensaxe da verdade, o Evanxeo da vosa salvación, e crerdes nel, quedastes selados co Espírito Santo prometido” Ef.1,13

A Confirmación xunto co Bautismo e a Eucaristía constituen os Sacramentos da Iniciación Cristiá. A Confirmación é o sacramento que complementa ó Bautismo, une dunha maneira mais intima coa Igrexa e enriquece o cristiá cunha fortalez especial do Espírito Santo.
O don do Espírito Santo é a forza do Alto na que o cristiá realiza a graza do seu bautismo a través da súa vida, e con esa forza chegamos a estar comprometidos coa embros activos da comunidade eclesial.

Requisitos e Condicións de Confirmación

A Catequese de Confirmación na Parroquia da Milagrosa organízase en tres niveis:

  • Nenas e nenos de 9 a 12 anos.
  • Nenas e nenos maiores de 13 anos.
  • Persoas maiores de 18 anos.

son procesos distintos en función da idade.

CATEQUESE DE CONFIRMACIÓN 2020-2021

A actual situación xerada pola pandemia da Covid-19 limita a nosa capacidade para a celebración das reunións e xuntanzas na comunidade parroquial. Namentres a situación non se normalice cremos convinte suspender as reunións semanais cos nenos e nenas de catequese da maneira que se viña facendo.

Ata entón, a catequese de Confirmación na parroquia este curso consistirá na participación na Eucaristía Dominical

Temos prevista algunha reunión coas nais e pais a fin de ofrecer materiais e recursos para poder traballar na casa e fortalecer a igrexa doméstica.

É NECESARIA INSCRICIÓN:

(Descarga archivo coas condicións e ficha de inscrición)

CONFIRMACIÓN 2020-2021

Teléfono: 982 21 42 65

  • Horario:
    De luns a venres:

Mañás: 10:00
Tardes: 19:30

  • Sábados:

Tardes: 19:30

  • Domingos e festivos:

Mañás: 10:00/11:30/12:30
Tardes: 18:30