“¿Algún de vós ten unha doenza? Faga traer os presbíteros da comunidade, para que recen por el, unxíndoo con aceite no nome do Señor” (Sant 5, 14)
Cristo robustece ós seus irmáns enfermos con Sacramento da Unción de Enfermos.
A persoa ó enfermar gravemente necesita dunha especial graza de Deus para non ser dominado pola angustia, para que non desfaleza o seu ánimo e non se debilite a súa fe.
Este Sacramento outorga ó enfermo a graza do Espíritu Santo, coa que a perosa é axudada na súa saúde, confortada pola confianza en Deus e robustecida ante toda clase de tentación e a angustia da morte. Asemade, concédelle se é necesario, o perdón dos pecados e a plenitude da Penitencia cristiá.
Quen pode recibir o Sacramento da Unción dos Enfermos?
- Ós fieis que por enfermidade ou por idade avanzada vexan a súa vida moi debilitada.
- A unha persoa enferma que vaia ser operada, sempre que a intervención revista gravidade.
- Ós fieis que, aínda perdendo un sentido ou o coñecemento, manifestasen antes o desexo de recibir a Unción.
É un Sacramento que se pode repetir mais dunha vez.
O fiel que acaba de falecer non é suxeito da Unción, mais débemos rezar por el.
Para pedir a Unción dos Enfermos avisar na Parroquia ou chamar o 982 214265