Matrimonio

Que é o matrimonio?

O matrimonio é un dos sete sacramentos da Igrexa polo cal a muller e o home se unen en alianza nunha comunidade de amor, aberta a vida e ó cuidados dos fillos e fillas, formando unha familia.

O mais profundo do Sacramento do matrimonio é que o amor da parella e un signo do amor de Cristo. O matrimonio é un sacramento que conleva unha vivencia de fe e, esixe o desexo de vivir en parella tal e como é presentado pola Igrexa.

Pasos a dar:

  • 1.- Partida de Bautismo de cada un (lembrade que caducan aos seis meses da súa expedicion).
  • 2.- Dúas testemuñas que dean fe de que o que manifestades no expediente e veraz e de que reunides as condicións e ectitudes precisas para celebrar o Matrimonio e o Sacramento.
  • 3.- Formación específica para recibir este Sacramento. Na diocese ofrécense dúas posibilidades:
    • a) Unhas charlas co parroco ou sacerdote que oficirá a vosa voda.
    • b) A participación nos encontros prematrimoniais, que periodicamente se organizan nas parroquias da cidade e nas vilas da diocese.

Documentación necesaria para realizar o expediente matrimonial

  • Partida de Bautismo (Legalizada se é de fora da diócese)
  • Certificado de asistencia os Encontros Prematrimoniais.
  • Partida de Nacemento
  • Fotocopia do DNI dos noivos + DNI dos testigos (2)

A documentación ten unha vixencia máxima de 6 meses.

Para fixar unha data de matrimonio ou realizar o expediente matrimonial previo é necesario concertar cita no despacho parroquial.

Teléfono: 982 21 42 65

  • Horario:
    De luns a venres:

Mañás: 10:00
Tardes: 19:30

  • Sábados:

Tardes: 19:30

  • Domingos e festivos:

Mañás: 10:00/11:30/12:30
Tardes: 18:30