Apadriña unha familia

É un novo proxecto comunitario, no que buscamos familias, entidades ou particulares que poidan e desexen apadriñar, no mais amplio sentido do termo, a outras familias e particulares que se atopan en situacións precarias.

O proxecto “Apadriña  unha familia” ten como obxectivo facer chegar unha axuda estable ou puntual a personas e familias que atravesan por momentos de necesidade, que buscan consello e apoio para afrontar os obstáculos e imprevistos que os condenan nestes momentos a marxinación e o desamparo. Cremos que ofrecendo una resposta coordinada, aportando experiencia, coñecemento e proximidade, é posible mellorar as condicións de vida da nosa veciñanza.

Estas familias e particulares xa son atendidos por Caritas parroquial da Milagrosa, pero é a nosa intención buscar unha maior implicación da sociedade, que permita ofrecer unha resposta digna as necesidades destes colectivos tan vulnerables, fomentado a creación de novos lazos na comunidade.

Se queres colaborar neste proxecto podes preguntar no despacho parroquial da Milagrosa ou poñerte en contacto con nós a través do correo de contacto

Teléfono: 982 21 42 65

  • Horario:
    De luns a venres:

Mañás: 10:00
Tardes: 19:30

  • Sábados:

Tardes: 19:30

  • Domingos e festivos:

Mañás: 10:00/11:30/12:30
Tardes: 18:30