“Ide, pois, e facede discípulos meus a todos os pobos, bautizándoos no nome do Pai e do Fillo e do Espírito Santo” (Mt 28,19)
O Bautismo é o primeiro Sacramento. É a porta a todo o camiño cristiá. Polo Bautismo somos liberados do pecado e rexenerados como fillos de Deus, constituidos membros do corpo de Cristo, unidos para sempre a Él e incorporados a Igrexa, comunidade de seguidores de Xesús.
Polo Bautismo nacemos a Vida Eterna. É un don de Deus que recibimos a través dos ritos sacramentais.
DATAS DE BAUTISMOS ANO 2020:
Mes | Días |
---|---|
Abril | 4 – 18 |
Maio | 2 – 16 |
Xuño | 20 |
Xullo | 4 – 18 |
Agosto | 1 – 15 |
Setembro | 12 – 26 |
Outubro | 10 – 31 |
Novembro | 14 |
Decembro | 25 – 26 |
(durante o Advento e a Coresma non se celebran bautizos. Salvo casos de enfermidade)
Preparación bautismal
Temos un encontro coas familias o sábado anterior ás 18´30h
O bautismo celebrase na Misa do Domingo ás 12:30
CONDICIÓNS E COMPROMISOS DOS PAIS
- Ensinar e transmitila fe cristiá ao seu fillo/a.
- Recoñecer a Deus como Pai, a Xesucristo como Salvador, o Espírito Santo como santificador.
- Aceptar á Igrexa, na que desexan incorporar ao seu fillo/a, como comunidade de fe e comunidade de seguidores de Xesucristo
CONDICIÓNS E COMPROMISOS DO PADRIÑO/MADRIÑA
- É condición indispensable ser católico, maior de 16 anos e estar confirmado (canon 874 do Código de Dereito Canónico). Deberá aportar certificado de confirmación.
PARA O DÍA DO BAUTISMO
- Unha vela, un pano branco e unha toalla pequena.
APORTACIÓN ECONÓMICA
- Cada familia aporta na medida das súas posibilidades a cantidade que estimen oportuna para o sostemento da Parroquia e toda a pastoral (Cáritas, catequese, etc)