Bautismo

“Ide, pois, e facede discípulos meus a todos os pobos, bautizándoos no nome do Pai e do Fillo e do Espírito Santo” (Mt 28,19)

O Bautismo é o primeiro Sacramento. É a porta a todo o camiño cristiá. Polo Bautismo somos liberados do pecado e rexenerados como fillos de Deus, constituidos membros do corpo de Cristo, unidos para sempre a Él e incorporados a Igrexa, comunidade de seguidores de Xesús.

Polo Bautismo nacemos a Vida Eterna. É un don de Deus que recibimos a través dos ritos sacramentais.

DATAS DE BAUTISMOS ANO 2020:

Mes Días
Xullo 12 – 25
Agosto 9 – 23
Setembro 13 – 27
Outubro 11 – 25
Novembro 8 – 22
Decembro 25 – 27

 (durante o Advento e a Coresma non se celebran bautizos. Salvo casos de enfermidade)

Preparación bautismal

Temos un encontro coas familias o sábado anterior ás 18´30h

O bautismo celebrase na Misa do Domingo ás 12:30

CONDICIÓNS E COMPROMISOS DOS PAIS

  • Ensinar e transmitila fe cristiá ao seu fillo/a.
  • Recoñecer a Deus como Pai, a Xesucristo como Salvador, o Espírito Santo como santificador.
  • Aceptar á Igrexa, na que desexan incorporar ao seu fillo/a, como comunidade de fe e comunidade de seguidores de Xesucristo

CONDICIÓNS E COMPROMISOS DO PADRIÑO/MADRIÑA

  • É condición indispensable ser católico, maior de 16 anos e estar confirmado (canon 874 do Código de Dereito Canónico). Deberá aportar certificado de confirmación.

PARA O DÍA DO BAUTISMO

  • Unha vela, un pano branco e unha toalla pequena.

APORTACIÓN ECONÓMICA

  • Cada familia aporta na medida das súas posibilidades a cantidade que estimen oportuna para o sostemento da Parroquia e toda a pastoral (Cáritas, catequese, etc)

Solicitude de Iniciación Cristiá

Teléfono: 982 21 42 65

  • Horario:
    De luns a venres:

Mañás: 10:00
Tardes: 19:30

  • Sábados:

Tardes: 19:30

  • Domingos e festivos:

Mañás: 10:00/11:30/12:30
Tardes: 18:30