É un novo proxecto comunitario, no que buscamos familias, entidades ou particulares que poidan e desexen apadriñar, no mais amplio sentido do termo, a outras familias e particulares que se atopan en situacións precarias.
O proxecto “Apadriña unha familia” ten como obxectivo facer chegar unha axuda estable ou puntual a personas e familias que atravesan por momentos de necesidade, que buscan consello e apoio para afrontar os obstáculos e imprevistos que os condenan nestes momentos a marxinación e o desamparo. Cremos que ofrecendo una resposta coordinada, aportando experiencia, coñecemento e proximidade, é posible mellorar as condicións de vida da nosa veciñanza.
Estas familias e particulares xa son atendidos por Caritas parroquial da Milagrosa, pero é a nosa intención buscar unha maior implicación da sociedade, que permita ofrecer unha resposta digna as necesidades destes colectivos tan vulnerables, fomentado a creación de novos lazos na comunidade.
Se queres colaborar neste proxecto podes preguntar no despacho parroquial da Milagrosa ou poñerte en contacto con nós a través do correo de contacto