Benvida

Está páxina que tedes diante quere amosarvos a vida e actividades da nosa parroquia da Milagrosa. A comunidade cristiá parroquial da Milagrosa está viva, moi viva; é rica, moi rica en persoas, proxectos, en ilusións e gañas de transmitir e vivir o evanxeo. A nosa misión pasa por seguir facendo parroquia que cre, celebra e transmite a fe en Xesucristo, e dunha maneira moi especial ás persoas que máis nos necesitan hoxe. Estamos chamados a ser comunidade aberta e misioneira onde encontren acollida e axuda tódolos que a precisen. Acompañar polo camiño como Xesús ós discípulos, que moitas veces se senten desilusionados e cansos. A parroquia que é igrexa e séntese igrexa necesita de cada un de nós. Cada home, cada muller, cada mozo e moza, ancián ou neno é pedra viva desta gran edificación. Todos somos responsables da nosa igrexa. A comunidade cristiá necesita de nós e nós necesitamos á comunidade. Hoxe eu invítote a sentirte implicado, responsable da construción da comunidade, de levar adiante a súa misión, de vivir e transmitila fe no noso tempo. Participemos da vida parroquial e diocesana. Sería moi bo sentirnos corresponsables da tarefa común. O que lle afecta a parroquia aféctame a min, o que me afecta a min tamén lle afecta á parroquia. Este portal contén as actividades e proxectos parroquiais, pero aínda se pode facer moito máis.

¡Contamos contigo. É tarefa de todos!

José Antonio Ferreiro Varela

Teléfono: 982 21 42 65

  • Horario:
    De luns a venres:

Mañás: 10:00
Tardes: 19:30

  • Sábados:

Tardes: 19:30

  • Domingos e festivos:

Mañás: 10:00/11:30/12:30
Tardes: 18:30