Do luns 31 ó martes 8 de agosto celebramos unha novena a Santa María na parroquia da Milagrosa a que encomendamos a situación da nosa comunidade para unha pronta recuperación. Na igrexa parroquial continuamos a ter o culto da forma acostumada, mantendo o horario da Misa vespertina nas 19:30h e dacordo a normativa sanitaria en vigor, nestes intres o aforo dos lugares de culto é do 50%. Recordamos a obrigatoriedade de usar máscara e manter a distancia de seguridade así como as normas de hixiene e etiqueta respiratoria. Misa

Nestes momentos de incerteza e preocupación pola nosa saúde e polo noso entorno, pedimos a intercesión da nosa Nai do Ceo, Santa María, roga por nós.
#santamaria #novena #amilagrosa #lugo #igrexa #IglesiaCat #parroquia #oracion