VIXENCIA DAS RESTRICCIÓNS DEBIDAS A SITUACIÓN DE CRISE SANITARIA PROVOCADA POLA COVID-19. NOVO HORARIO DE MISA E LÍMITE DE AFORO

— DECRETO 202/2020 XUNTA DE GALICIA– Seguen en pe as medidas decretadas pola Xunta de Galicia por mor da situación sanitaria provocada pola Covid-19. no DOG nº 227 de martes 10 de novembro; que dispón que no caso dos concellos coas medidas mais estrictas -como é o Concello de Lugo- o aforo máximo será de 1/3 da capacidade total. No caso da Parroquia da Milagrosa son 130 persoas.

Continuamos co horario de Misa ampliado na fin de semana ata novo aviso:

SÁBADO: 18:30 e 19:30h.

DOMINGO: 10:00, 11:30, 12:30, e 18:30h.

A Igrexa Parroquial segue aberta no horario habitual para asegurar o exercicio privado e individual da liberdade relixiosa.

Moitas Grazas! Moito ánimo! Que Deus vos bendiga!