Do xoves 19 ó venres 27 de novembro celebramos na nosa Parroquia a Novena na honra da nosa patroa: Nosa Señora da Medalla Milagrosa.

  • Por qué o facemos estes días?

Porque o 27 de novembro é a festa litúrxica da Milagrosa. O 27 de novembro de 1830 a Catalina Labouré aparéceselle a Santísima Virxe e recibe o encargo de facer acuñar unha medalla.

  • Por qué a chamamos Milagrosa?

A Milagrosa referida a Virxe é unha abreviatura de Nosa Señora da Medalla Milagrosa.

Despois de 1830 acuñouse en París unha medalla que se estendeu rápidamente a outros lugares. Os fieis que levaban esa medalla experimentaron nas súas vidas grazas do ceo, e dunha maneira popular deuselle o nome de medalla Milagrosa. De aí que a representación da imaxe de Santa María que aparece na medalla deuse en chamar “A Milagrosa”.

  • Cal é a mensaxe da Milagrosa?

A mensaxe da revelación a Santa Catalina Labouré é moi positiva: Invita ós cristiáns a pedir grazas o ceo pola mediación de Santa María. Os raios de luza que saen das mans da Virxe son esas grazas que nos chegar a través dela. A Virxe díxolle a Santa Catalina que moitos non se atreven a pedir. Istro recórdanos as palabras de Xesús:

«Pedide e recibiredes, buscade e atoparedes, petade e abrirásevos» (Mt 7, 7)

  • Qué é unha novena?

Unha novena son nove día. Son actos da piedade e devoción popular na honra de Deus o da Santísima Virxe ou dos santos. Durante nove días quen celebra unha novena comprométese a realizar unha serie de actos de piedade ou de devoción.

Os cristiáns aproveitan as novenas para dar grazas a Deus, para presentar algunhas intencións, para pedir o eterno descanso dos defuntos. A participación é sempre unha ofrenda de amor a Deus acompañada de certos compromisos: na maioría dos casos é realizar certas oración e xestos de piedade e participar na Eucaristía.

  • Cal é o acto central da Novena a nosa patroa?

É a celebración da Santa Misa. Tódolos feligreses da Milagrosa e outros cristiáns con devoción a Milagrosa somos invitados a participar na Eucaristía durante nove días. Moitas persoas non poderán asistir por razóns de traballo, porque teñen nenos pequenos, porque están enfermos ou a súa idade llelo impide, ou por outra razóns nestes momentos de pandemia; pero outros feligreses si poderán vir a Misa. É unha ocasión onde os que poidan deben facelo, non só por eles, senon tamén no nome de tódolos que non poden. É unha forma de vivir a caridade cristiá e a comuñón dos santos: rezar por todos e con todos, aínda que algúns non estén presentes.

  • En qué nos pode axudar participar na Novena?

Todo o que participa na Novena ten as súas propias razóns personais. A Novena é para todos nós unha ocación que nos serve para honrar a nosa patroa, polol tanto, é un acto -en primeiro lugar- de agradecemento a Nai de todos. Sabémonos acompañados na nosa vida por Santa María.

A Novena axúdanos a coidar a nosa alma. Os cristiáns non só coidamos o noso corpo e as cousas materiais. Descubrimos que é moi importante coidar o corazón, o interior, temos unha vida espiritual. Neste sentido a celebración da Novena renova a nosa fe e a nosa vida cristiá a través da oración e os actos de piedade; pero, sobre todo, coa participación dos sacramentos da confesión e da Eucaristía. Nos sacramentos Deus actúa na nosa persoa e na nosa vida. Ademais, na Novena rezamos uns polos outros, e iso fortalécenos como comunidade.

A través da oración poñemos diante de Deus e nas súas mans as cousas da nosa vida: os nosos problemas, sufrimentos, loitas, alegrías, etc. Pero tamén poñemos as necesidades do noso mundo e da Igrexa.

Queremo poñer en práctica a mensaxe da medalla Milagrosa: pedir grazas ó ceo.

«Oh María sen pecado concebida, roga por nós que acudimos a Ti»

Tódolos días rezaremos uns polos outros, polo mundo e pola Igrexa. Ademais das intencións particulares de cada un, queremos rezar polo eterno descanso dos nosos defuntos e de tódolos defuntos.

Estas intencións axudannos a ter presente a a realidade que vivimos nesta sociedade e na Igrexa nestes momentos. Tendo en conta esta realidade, da man de María, podemos esforzarnos mais a levar a grandeza e fermosura do Evanxeo a todos e a todas partes.

O mellor que a parroquia pode ofrecer é o Evanxeo de Cristo.

 

*Recordamos que o aforo máximo permitido por celebración é de 130 persoas.

*Do 19 ó 27 teremos Misa ás 10 e ás 19:30.