Programación e Horario para Noiteboa e Nadal

Aquí vos deixamos o horario de Noiteboa e Nadal na Parroquia da Milagrosa.

Como novidade este ano temos a Misa de Medianoite as 00:00h. sempre que as medidas de límite horario así o permitan [actualmente o toque de queda para a noite do 24 ó 25 está previsto para ás 1:30 da madrugada]

Tamén vos convidamos a facernos presentes no Rezo das Solemnes Primeiras Vésperas do Nadal na S.I.C.B de Sta. María de Lugo ás 17:00h.

Alegres pola presencia do Señor nado en Belén, desexámosvos, Bo Nadal!