Aberta a inscrición para o novo curso de CATEQUESE DE PRIMEIRA COMUÑÓN 2020-2021.
PRIMEIRA COMUÑÓN, UN PASO DENTRO DUN PROCESO
Catequese Parroquial de Primeira Comuñón
A Eucaristía é o centro da vida cristiá, é o sacramento central e a plenitude da iniciación cristiá. O Bautismo, xunto coa Eucaristía e a Confirmación son os sacramentos da iniciación cristiá.
A catequese ten como finalidade a transmisión da fe e iniciar ós nenos/as no camiño cristiá. É unha axuda para vivir coma cristiás na comunidade eclesial.
A Parroquia ofrece a súa colaboración ós pais e nais católicos practicantes que desexan que os seus nenos e nenas cheguen a vivir coma cristiás.
A familia é a primeira responsable da transmisión da fe cristiá. A fe comunícase e vívese, en primeiro lugar, na familia. A Vida Parroquial é unha axuda necesaria a labor familiar.
CATEQUESE DE COMUÑÓN 2020-2021
A actual situación xerada pola pandemia da Covid-19 limita a nosa capacidade para a celebración das reunións e xuntanzas na comunidade parroquial.
Namentres a situación non se normalice cremos convinte suspender as reunións semanais cos nenos e nenas de catequese da maneira que se viña facendo.
Ata entón, a catequese de Primeira Comuñón na parroquia este curso consistirá na participación na Eucaristía Dominical mais unha reunión mensual coas nais e pais para axudar na tarefa da transmisión da fe e fortalecer a igrexa doméstica, transmitindo os contidos da fe de acordo coa estructura do Catecismo “Jesús es el Señor”.
É NECESARIA INSCRICIÓN:
Prazo aberto ata o 13 de outubro
XA ESTÁ DISPOÑIBLE NO DESPACHO PARROQUIAL A FICHA DE INSCRICIÓN (Luns, Martes, Mércores e Venres de 18:00-19:30h)
*A MAIOR BREVIDADE POSIBLE ESTARÁ DISPOÑIBLE A FICHA E CALENDARIO PARA DESCARGA NESTA MESMA PÁXINA WEB
DATA DE COMEZO DA CATEQUESE
18 de Outubro
AS DATAS ESTÁN SUXEITAS A POSIBLES CAMBIOS EN FUNCIÓN DA EVOLUCIÓN DA SITUACIÓN SANITARIA